Rubias á Franqueira
Rubias á Franqueira,
vellas “pra” a lareira.
Rubias ó mar,
vellas a traballar.
Rubias á Franqueira,
vellas “pra” a lareira.
Rubias ó mar,
vellas a traballar.
Cando no solpor as nubes rubias están cara ó monte da Franqueira quere dicir que vai chover ó día seguinte, por iso o das “vellas pra a lareira”; e cando están cara ó mar é porque vai estar bo día.
Paula, do Condado.
Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non come o larpeiro. Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non vén o barqueiro. Rico Verea, Manuel:... Ler máis
Arco da vella, vaite de aí que andan os porcos a fozar en ti. A nosa memoria- Marín (máis…) Ler máis
Cando a gaivota está no mar, colle o arado e vai arar. Cando a gaivota está na terra, colle a brosa e... Ler máis
Marzo, marzal, pola mañá cara de risa, pola noite cara de can. Matilde de Santiago (máis…) Ler máis
(2) Comentarios
Onde estáa Franqueira? Por que segundo o que me aparece en google maps non hai mar por ningún lado.
Ola Noelia. Como o dito vén da comarca do Condado, supoñemos que se refire ao Santuario da Franqueira (A Cañiza), situado na serra da Paradanta e moi coñecido na contorna pola súa romaría.
O mar está a poucos quilómetros, bota un ollo ao mapa