Chove, chove
na casa do pobre.
Neva, neva
na cas de Varela.
Xea, xea
na cas de Garea
Trona, trona
na cas de Ramona.
Pinga, pinga
na casa... Ler máis
Marzo, marzal,
pola mañá cara de risa,
pola noite cara de can.
Matilde de Santiago
(máis…)
Ler máis
Vente, ventiño,
vento mareiro,
que se non vés
non come o larpeiro.
Vente, ventiño,
vento mareiro,
que se non vés
non vén o barqueiro.
Rico Verea, Manuel:... Ler máis
Marcha, nebraceira,
do “chao” da ribeira,
vai comer as lavaduras
que deixaches na maseira.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”
Ler máis
Cando a gaivota está no mar,
colle o arado e vai arar.
Cando a gaivota está na terra,
colle a brosa e... Ler máis
Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.
A nosa memoria- Marín
(máis…)
Ler máis
(2) Comentarios
Onde estáa Franqueira? Por que segundo o que me aparece en google maps non hai mar por ningún lado.
Ola Noelia. Como o dito vén da comarca do Condado, supoñemos que se refire ao Santuario da Franqueira (A Cañiza), situado na serra da Paradanta e moi coñecido na contorna pola súa romaría.
O mar está a poucos quilómetros, bota un ollo ao mapa