Redonda, redonda
Redonda, redonda,
“chiquita” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
Redonda, redonda,
“chiquita” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
A linda Barboriña tiña a boca pequeniña e os ollos “moxinetes”: “escápate”, Pauletes. M. Barrio – X. Taboada Chivite: “Etnografía Galega”. Ler máis
Tinguirindín, guirindín, guirindolas, o que non come non ten barrigolas. M. Barrio – Bouza Brey “Xogos iniciáticos…” Ler máis
Dedín, dedín, samarroquín, rabo de rula, mazarula, cando o rei por aquí pasou, todas as damas conquistou, menos unha que queedouuuuu. A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
Arronrón, cascarrón. A mamá, na vendima. O papá, no carbón. Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos. Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao Ler máis
¡Ai, que meniña, que nena preciosa! Despois de lavada, parece unha rosa; e este meniño que teño no colo despois de lavado parece un repolo. Blanco, Domingo:... Ler máis
Meniño, meu amantiño, “dúrmete” e non chores máis, que inda teñen que “faguere” moito traballo teus pais. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Rebe, rebe, reberrola, ¿quen te ha de calentare? Túa nai vai no muíño e teu pai vaina “buscare”. O apelativo cariñoso “reberrola” pode... Ler máis
Cabaliño que vas de a cabalo, sete muxicas che peten no rabo. Sete por riba, sete por baixo, alá vai (nome do neno/a)... Ler máis
Palma, repalma “chica” morena. ¿Como a queres, grande ou pequena? – Grande – ¡Pumba! – Pequena – ¡Tin! (máis…) Ler máis
Durme, meu roliño, durme, durme, durme, meu rolo, e cando espertes dime se hai berce como o colo. M. Barrio – C. Sampedro:... Ler máis
1 Comentario
Eu collíalles à palma da man e ía ou ben palmeando sobre ela ou facéndolles coxeguiñascos cos dedos ao tempo que cantaba o recitado. É cómo resposta a pregunta, se dicían Grande, dáballes unha palmada pequena e se a pedían pequena dáballa grande cun guiño de complicidade para que se deran conta de que eu era unha pilla e facía “trampas” Cando pedían grande facía o xesto esaxerado de ir darlle unha palmada enorme para acabar dándolle unha pequeniña pequeniña co conseguinte sorriso de complicidade.