Rebe, rebe, reberrola
Rebe, rebe, reberrola,
¿quen te ha de calentare?
Túa nai vai no muíño
e teu pai vaina “buscare”.
Rebe, rebe, reberrola,
¿quen te ha de calentare?
Túa nai vai no muíño
e teu pai vaina “buscare”.
O apelativo cariñoso “reberrola” pode significar segundo pescudas do informante:
1. Cativa de pouco tempo, e xa que logo, engurradiña. Viría de reberse, que pode significar Engurrarse a pel facendo pregas.
2. Meniña de pelo rizo ou de punta. Sería un hipocorístico do antropónimo céltico Reburro/Reburra (con variantes Reburrino/Reburrina), que significa iso mesmo.
Casdeiro, de Andabao – Boimorto
Rou, rou, xouxigou, ti que vas e eu que vou. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
E que tes, e que foi, aí che vén teu pai e mais a túa nai, ah… Ah, meniña, ah, zapato no pé, sardiña salgada para o... Ler máis
Pim, pim, regorín contra as vacas de Verín. Paxariño, fai un niño unha legua fóra de onda min. Cántase dando nos dedos. Comézase polo gordo... Ler máis
Redonda, redonda, “chiquita” morena. ¿Como a queres, grande ou pequena? Ler máis
Dinquirindín, dinquirindán. ¿Quen morreu? O sancristán. ¿Quen lle toca? Seu irmán. ¿E con que? Co rabo do can. Unha persoa colle o/a neno/a polos brazos e outra... Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
Seca, seca, pandeireta, que che dou unha peseta. Seca, seca, pandeirón, que che dou un patacón. Cántase mentres se axitan as mans, para... Ler máis
Arronrón, cascarrón. A mamá, na vendima. O papá, no carbón. Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos. Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao Ler máis
Ven, sonín, ven polo carqueixedo. Ven, sonín, ven e durme esta nena. Hai un dito relacionado con este arrolo que se lles di ós/ás... Ler máis
Soniño, sono, vente a este ollo, pouquiño a pouco, vénteme a estoutro. O adulto vai acariñando os ollos do/a neno/a. Ler máis
1 Comentario