¿Quen é ese que anda no postigo?
-¿Quen é ese que anda no postigo?
– Meu maridiño deitado comigo, arrunrún.
– ¿Quen é ese que peta á ventá?
– Estache o pai do que chora na cama, arrunrún.
E esta noite non, queridiño,
que che está na cama
o pai do meniño.
Arrunrún, meniño, ee…
¡Demo do patache!
Ía “pra” Ribadeo,
deulle o vento en proa
e á casa volveu, arrúnrún.
E esta noite non,
que che está na cama
o pai do concón.
Arrunrún, meniño, ee…
E se queres algo
sáeme ó camiño
que eu de mañá cedo
hei de ir ó muíño, arrunrún.
E esta noite non, queridiño,
que che está na cama
o pai do meniño.
Arrunrún, meniño, ee…
Se non o entendiches
enténdelo agora
que che está comigo
o pai do que chora, arrunrún.
E esta noite non
que che está na cama
o pai do concón.
Arrunrún, meniño, ee…
Arrunrún, meniño, ee…
Deixa unha resposta