¿Que dixo?
– ¿Que dixo?
– ¡Que a vaca tiña lixo
e o becerro non llo quixo!
– ¿Que dixo?
– ¡Que a vaca tiña lixo
e o becerro non llo quixo!
Nai de Manuel, de Andabao – Boimorto
Pepe repepe, camisa rachada, foi á Coruña lamber a pescada. Lambeu e lambeu e nunca se encheu. Pepe repepe, camisa cagada, foi ó regueiro e tróuxoa mexada. (máis…) Ler máis
– ¿Canto me dás? – ¡Un saco de ras! Mini e Mero Ler máis
Heiche mercar un corrovelás coas pernas para diante e outro con elas para atrás. Cando un neno ou nena pide que... Ler máis
– Lingua de sete palletas, onde non te chamen nunca te metas. Mini e Mero Ler máis
Xan, Xaranxán, dacabalo do can; o can era coxo e tirouno no toxo; o toxo era bravo e tirouno no prado; o prado era frío e... Ler máis
Acuseta, marraneta, que-vas-de-ca-be-za-ó-in-fer-no. Xogo para, literalmente, mandar ó inferno un neno que nos acusara de facer algo. Co furabolos e o... Ler máis
O piollo está malo, a pulga está parida, aí vén a carrapata coa espiñela caída. M. Barrio – J. Sobreira: “Papeletas…” Ler máis
Era un gaiteiro que ía polo monte ¿Queres que cho conte? Melorra do Covelo – Pontevedra (máis…) Ler máis
– ¿Que? – O ollo do cu non ve. Para responder cando alguén fai que non oe. Josean, de Marín Ler máis
– Teño medo. – ¿Tes medo? Ó cu do Pedro e a pita parda que che caga pola barba. A función deste dito é... Ler máis
Deixa unha resposta