Pon, pon, pon
Pon, pon, pon
a lancha de Beceiro,
pon, pon, pon
vira patas “pra” arriba,
pon, pon, pon,
cargada de carbón,
pon, pon, pon,
na ría de Ferrol.
Pon, pon, pon
a lancha de Beceiro,
pon, pon, pon
vira patas “pra” arriba,
pon, pon, pon,
cargada de carbón,
pon, pon, pon,
na ría de Ferrol.
Cando se di: “Pon, pon, pon” dánselle toques co dedo na palma da man do/a neno/a, no resto dos versos fánselle cóxegas tamén na man.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Té, chocolate, café, para San Xosé, que está maliño dun pé. A función do dito é acariñar o/a meniño/a a quen se lle di:... Ler máis
“Dúrmete”, meu neno “dúrmete”, meu sol “dúrmete, pedazo” do meu corazón. Este neno lindo pronto vai durmir ten un ollo cerrado o outro non o pode... Ler máis
Este neniño pequeno quen o vai aturular. Súa nai vai no muíño e seu pai vai traballar. Este neniño pequeno quen lle vai a... Ler máis
– Cu, cu. – Tapa o cu – Tápao “tu”, tápao “tu”, tápao “tu”. Cando canta o cuco fáiselle o eco. O cuco di:... Ler máis
Este neniño que teño no colo é dun amor que lle chaman Vitorio. “Dios” que mo deu que mo leve logo, por... Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
Este foi por leña. Este foille axudar. Este foi por un ovo. Este fritiuno e este gordo comeuno. Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense Ler máis
E, neniña, e, zapato no pé. Papá vai na vila buscar o café. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Este foi á fonte, este foi ó monte, este quixo auga, este non lla deu… e veu o gordacho ¡e toooda, toda bebeu! Empézase polo... Ler máis
Aperta, aperta, corazón de “manteca”. Díselle ó/á neno/a para lle pedir un bico ou mentres se lle dá. Virtu de Melide (máis…) Ler máis
Deixa unha resposta