“Padre Nuestro” pequeniño (Varias versións)
“Padre nuestro” piquinín
fun ao ceo e volvín.
Vin a un picarín
comendo pan e toucín.
Pedinlle un bocadín
e deume no fucín.
“Padre Nuestro” pequeniño
polo ceo vai ruxindo.
Cantan galos e abren luces,
os anxiños coas cruces
e os meniños de Padrón
van rezando esta oración.
Padre nuestro pequeniño,
Lévame por bo camiño,
polo camiño da salvación.
Os meus pecados moitos son.
Alá fun e alá cheguei.
Tres Marías encontrei
preguntando por Xesús.
Xesús estaba na cruz,
da cruz “pró” altar
cos peciños a sangrar.
Tente, Madalena, tente.
Non mas veñas “lastimar”,
que estas so as cinco “llagas”
que por ti hei de pasar.
San Ignacio, San Simón
bendicídeme este cordón,
que mo deu “Nuestra Señora”
pola divina “pasión”.
Padre Nuestro pequeniño,
polo ceo vai ruxindo.
Aló chegou.
Tres Marías atopou
preguntando por Xesús
e Xesús está na cruz,
na cruz e no altar
cos peíños a sangrar
chamando pola Madalena
que llos “viñera” limpar.
Tente, Madalena, tente.
Non me veñas “lastimar”,
que esta son as cinco “llagas”
que por ti hei de pasar.
Pequeniños e grandiños
todos os hei de salvar
aínda que teñan máis pecados
que areas hai no mar.
“Padre Nuestro” pequeniño,
polo ceo vai ruxindo.
Aló chegou.
Tres Marías atopou
preguntando por Xesús
e Xesús está na cruz;
na cruz e no altar
cos peíños a sangrar,
chamando pola Magdalena
que llos viñera limpar.
– Tente, Magdalena, tente.
Non me veñas “lastimar”,
que esta son as cinco “llagas”
que por ti hei de pasar.
Pequeniños e grandiños
todos os hei de salvar
aínda que teñan máis pecados
que areas hai no mar.
“Padre Nuestro” pequeniño,
“Dios” nos leve a bo camiño.
Alá fun, alá “cheghei”,
tres marías encontrei
“preghuntando” por “Jesús”
e “Jesús” estaba na “crus”
e no altar cos peciños a sangrar.
Tente, Madalena, tente
non me veñas “lastimar”,
que estas son as cinco “llaghas”
que por ti hei de pasar
“anque” teñas máis pecados
que areas hai no mar.
Jesusiño, pequeniño;
guíame por bo camiño.
Alá fun e alá cheguei.
Tres Marías encontrei
preguntando por Jesús,
e Jesús está na cruz
e “me dixeron”:
– ¿Que che dixeron?
Que “durmira e que rezara,
e do Demo renegara”.
Papús, Papús,
amén Jesús.
Levanta a pata
e apaga a “lus”.
“Padre Nuestro”,
pequeniño
polo ceo vai bulindo.
Abren luces,
cantan galos.
Todos os santos
levan cruces.
Deixa unha resposta