Une, dole,
tele, candele,
somane, badal,
chinchín,
corropín,
conta ben,
que son dez.
Perrello, de Gaioso – Outeiro de Rei
(máis…)
Ler máis
Este foi á praza e non trouxo nada,
este foi á praza e trouxo un peixe,
este lavouno,
estre fritiuno
e este, coma... Ler máis
Palma, repalma
“chica” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
– Grande
– ¡Pumba!
– Pequena
– ¡Tin!
(máis…)
Ler máis
Palmas, palmiñas,
que vén o papá.
Palmas, palmiñas,
que ¿cando virá?
Ler máis
Esta meniña ten sono,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado
e o outro non o pode abrir.
Ler máis
Pequeniño,
“Mai-grandiño”,
Pai de todos,
Furabolos
e “Mata-pollos”.
Angélica, de Mondoñedo
Ler máis
Este foi á fonte,
este foi ó monte,
este quixo auga,
este non lla deu…
e veu o gordacho
¡e toooda, toda bebeu!
Empézase polo... Ler máis
E, neniña, e,
que che hei dar o té
e mais as papiñas
nun cacharolé.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Rebe, rebe, reberrola,
¿quen te ha de calentare?
Túa nai vai no muíño
e teu pai vaina “buscare”.
O apelativo cariñoso “reberrola” pode... Ler máis
Aserrín,
aserrán
os madeiros
de San Xoán.
Os de enriba
serran ben
e os de embaixo:
Tamén, tamén, tamén.
Co/a meniño/a sentado/a no colo, collémolo/a polas mans... Ler máis
Deixa unha resposta