¡Picaches, picaches,
que tunda levaches!
Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma.
Anadosa, de Vigo
Ler máis
– Tu e eu somos dous.
– E o can e o gato, “cuatro”.
Este dito serve para reforzar a unión... Ler máis
Serra, comadre,
serra, compadre,
na serreiriña do señor abade.
Ti coa lima
e eu coa serra
gañaremos cartiños coma terra.
Cóllese o bebé dos braciños,... Ler máis
Cando chove e quenta o sol,
anda o demo por Ferrol,
cargadiño de alfinetes,
para picarlles no cu ás mulleres.
Roberto, da Ponte... Ler máis
Gancho reviragancho,
que tanto revigarancheaches,
deixa que te desreviraganchee
con este desreviraganchiño que teño
para desreviraganchear
ganchos reviragancheados
nas ramas do carballal.
Ler máis
Dinquirindín,
dinquirindán.
¿Quen morreu?
O sancristán.
¿Quen lle toca?
Seu irmán.
¿E con que?
Co rabo do can.
Unha persoa colle o/a neno/a polos brazos e outra... Ler máis
Rabo de boi,
rabo de besta,
dixo meu pai
que estaba nesta.
Unha persoa garda, ás escondidas, un obxecto pequeno (pedra, caramelo…) nunha... Ler máis
Esperta, pé
que vén San Tomé
cun carro de toxos
queimar este pé.
Abanéase o pé do neno/a cando se lle dorme para... Ler máis
Febreiriño corzo,
cos seus vinte e oito,
se dura máis catro,
non queda can nin gato,
nin rato dentro do burato.
Esther, de Ourense
... Ler máis
Esta meniña ten sono,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado
e o outro non o pode abrir.
Ler máis
Deixa unha resposta