¿Onde está o gatiño?
– ¿Onde está o gatiño?
– Na ventaíña.
– ¿E que come?
– Pan e sardiña.
– ¿Imos a un preito?
– ¡Co rabo dereito!
– ¿Onde está o gatiño?
– Na ventaíña.
– ¿E que come?
– Pan e sardiña.
– ¿Imos a un preito?
– ¡Co rabo dereito!
O diálogo faise entre dous e ó final sopran un cara ó outro a ver quen sopra máis. Se se fai con nenos/as moi pequenos hai que soprar de “mentiras” para non magoalos.
Rosa, de Vilanova de Arousa
Té, chocolate, café, para San Xosé, que está maliño dun pé. A función do dito é acariñar o/a meniño/a a quen se lle di:... Ler máis
Molliña, molliña, na túa cariña. Mollón, mollón, no teu carón. Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente... Ler máis
Redonda, redonda, “chiquita” morena. ¿Como a queres, grande ou pequena? Ler máis
Pequeniño, “Mai-grandiño”, Pai de todos, Furabolos e “Mata-pollos”. Angélica, de Mondoñedo Ler máis
Este neno ten soniño, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado, outro xa non pode abrir. M. Barrio – E.M. Torner :... Ler máis
Meniño, meu amantiño, “dúrmete” e non chores máis, que inda teñen que “faguere” moito traballo teus pais. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Durme tu ben, meu meniño, que teu pai vai no mercado; hache de “traguer” as roscas e un tiroliro furado. M. Barrio –... Ler máis
Orella pendella, vai á leña, se non vés de hora, durmirás fóra cos canciños da túa dona. M. Barrio – Revista Nós: “Arquivo…” Ler máis
Arrunrún, cascarrún, hoxe non e mañá si. E dálle do mar e dálle da Ría, que está na cama o pai desta cría. E dálle da... Ler máis
Este queixo queixo é. Esta boca come pan. Este ollo reberete e este outro seu irmán. ¡Tira, “ghabilán”! A nosa memoria- Marín Ler máis
Deixa unha resposta