O lagarto e a lagarta
O lagarto
Lagartiño, vai ó furadiño,
que vén túa nai cunha cunca de viño.
Lagartiño vai ó portelo
que vén túa nai cunha cunca de grelos.
Lagarto arnal,
morreu teu pai,
e no ano da fame
morreu túa nai.
Lagarto “arnau”,
lagarto “arnau”,
comícheslle as papas
a teu “irmau”.
Lagartiño, sae, sae,
que morreu teu pai
no camiño da devesa
con tres cornos na cabeza.
¡Tin, tan! Mira que ben
toca teu irmán.
Lagartiño, sae do niño,
que aí vén túa nai
cunha pipa de viño.
A lagarta
Sae, sae, lagartiña,
que che comen a túa tortilla.
Sae, sae, lagartón,
que che comen o teu limón.
Lagartiña
sae da buratiña
que che comen a túa hortiña.
Lagartiña, sae, sae,
que mataron a túa nai
na portiña da devesa
cun foliño na “cabesa”.
Deixa unha resposta