Arre, bestiña,
á casa da madriña
a tomar a boliña
que está cocidiña.
Arre, bestón,
á casa de Antón
a tomar o bolón
que está cocedón.
Na... Ler máis
Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.
A nosa memoria- Marín
(máis…)
Ler máis
Arre, cabaliño.
Arre, burro, arre.
Arre, cabaliño,
que chegamos tarde.
Tres por riba,
tres por baixo,
ata que caias
do cabalo abaixo.
O/a neno/a cabalga na perna... Ler máis
Unha pega rebordá
puxo un ovo na quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou… (ata quedar sen... Ler máis
Manxurriña, manxurriña,
come pan e ceboliña
¿Ves o gato no unto?
Escapa que che apunto.
Comézase facéndolle cóxegas na palma da man á/ó... Ler máis
Cando chove e quenta o sol,
anda o demo por Ferrol,
cargadiño de alfinetes,
para picarlles no cu ás mulleres.
Roberto, da Ponte... Ler máis
Este olliño pimpilín.
Este olliño pimpilán.
Este nariz narizán.
Esta boca pide pan.
Este queixo non llo dá.
¡Arríncate, cabalán!
Mentres di o recitado, o... Ler máis
Ano novo, con ben veñas,
como o sol entre as estrelas,
os cabritos coas cabras
e os años coas ovellas.
M. Barrio –... Ler máis
Esta é a casa que fixo Xan.
Este é o millo
que estaba na casa que fixo Xan.
Este é o rato
que... Ler máis
Sei amasar,
sei peneirar,
sei dar a volta
por riba do mar.
Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas... Ler máis
(2) Comentarios
Fermoso dito! Como ben apuntades, Antonio de la Iglesia colixiu este cantar (do que non sabemos música) no Tomo III páxina 234.
Reparade no cuarto verso, onde di “dóido” (mesmo leva acento gráfico no O), non “doído”. Estraviz anotou esta entrada no seu amplísimo dicionario: DOIDO “que perdeu o xuízo” ou tamén “insensato, temerario” e mesmo “apaixonado, entusiasmado”. Ademais de gardar rima, garda perfecto sentido co texto.
Parabéns polo xenial traballo!