O arco da vella (varias versións)
Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.
Arco da vella ó levante,
¡ei, boi, para adiante!.
Arco de vella ó poñente,
colle os bois e vente.
Arco da vella,
vaite de aí
que as nenas bonitas
non te queremos aquí.
Arco da vella
vaite de aí
que as nenas guapas (1)
non son para ti.
Arco de vellas,
¿que fas aí?
que está túa mai
chamando por ti
cun ramallo de loureiro
para che bourar o pandeiro.
Arco da vella
vaite de aí,
que andan os sapos
enriba de ti.
Arco da vella
e tres darredor,
pica na pedra
que mañá raia o sol.
Arco da vella,
revírate, pedra, (pedrazo ou sarabia)
non botes chuvia
nin pingadela.
– Arco da vella,
faime un arado.
– Non fago, non,
que non teño machado.
Arco da vella
vai á túa terra
que andan os porcos,
a fozar nela.
Deixa unha resposta