Levántate néboa
Levántate néboa,
filla de can
e mais de cadela,
que aí ven “San Martín”
co seu “borriquín”,
que te ha de matar
e que te ha de levar
para o fondo do mar.
Levántate néboa,
filla de can
e mais de cadela,
que aí ven “San Martín”
co seu “borriquín”,
que te ha de matar
e que te ha de levar
para o fondo do mar.
A función deste recitado é para que se levante a néboa; dicíano os nenos cando ían coas ovellas ou coas vacas ó monte porque se había néboa non as vían e podían extraviarse.
Ángela de Riotorto – Lugo
Padre Nuestro carapuchín, Deus nos dea boa fin, remisión dos meus pecados, que son moitos e moi largos. Aquel “perro” traidor non quixo querer... Ler máis
Novo Santa Lucía, morreu miña tía. Dáballe papas, non as quería. Dáballe leite, que ben o lambía. Anxo, de Orro – Noia (máis…) Ler máis
“Padre nuestro” piquinín fun ao ceo e volvín. Vin a un picarín comendo pan e toucín. Pedinlle un bocadín e deume no fucín. Alba, de... Ler máis
“Padre nuestro” pequenín, fun ó ceo e volvín. Encontrei a meu “padrín” comendo pan e “toucín”. Pedinlle un “bocadín” e deume coa cachaba no... Ler máis
Esperta, pé que vén San Tomé cun carro de toxos queimar este pé. Abanéase o pé do neno/a cando se lle dorme para... Ler máis
“Señor mío Jesucristo”, eu “pra” comer son moi listo. “Dios y hombre verdadero”, pero traballar non quero. (máis…) Ler máis
Que pensarei con esta (sinalando a fronte) para encher este (estómago) para que non traballe este nin este (os brazos). Rézase persignándose. Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/por_la_senhal_1.mp3 “Por la señal” do papo real, comín touciño e fíxome mal. Papús, papús, amén, Jesús. (máis…) Ler máis
Triscus, beliscus anacos de pan. Párteos Pedro e dállos a Xan. Xan non os quixo e dállos ó can. O can non os quixo e dállos... Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/padrenuestro_1.mp3 “Padrenuestro, que estás en los cielos”. Ábreme a porta que traio xurelos. Helena de Soutomaior. Ler máis
Deixa unha resposta