Xabón xirigato,
xabón xarelo,
¡déixate de xoldas, xabón!
¿Escorregaches, Simón?
Recítase mentres os/as pícaros/as lavan as mans cun xabón esvaradío.
Eva e Manolo, do... Ler máis
Estando a silva
no seu lugar
chegou a amora
para a pillar.
A amora na silva,
a silva no valo,
o valo no chan,
e o... Ler máis
Pequeniño,
“Mai-grandiño”,
Pai de todos,
Furabolos
e “Mata-pollos”.
Angélica, de Mondoñedo
Ler máis
Pola Ponte de San Xoán
vinte e cinco cegos van.
Pola ponte de San Xoán
vinte e cinco cegos van.
Cada cego coa... Ler máis
Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.
A nosa memoria- Marín
(máis…)
Ler máis
Debaixo da figueira
da tía Xoldeirona
hai un pobre cego
tocando a zanfona.
Debaixo da figueira
da tía Xoldeirona
hai un pobre cego
tocando a zanfona.
... Ler máis
¡Picaches, picaches,
que tunda levaches!
Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma.
Anadosa, de Vigo
Ler máis
Aperta, aperta,
corazón de “manteca”.
Díselle ó/á neno/a para lle pedir un bico ou mentres se lle dá.
Virtu de Melide
(máis…)
Ler máis
Pon, pon, pon
a lancha de Beceiro,
pon, pon, pon
vira patas “pra” arriba,
pon, pon, pon,
cargada de carbón,
pon, pon, pon,
na ría de... Ler máis
Novo
– ¿Orella ou cacho?
– Orella.
– Tirar por “ella”.
– ¿Cacho ou orella?
– Cacho.
– Tira, “muchacho”.
O adulto cóllelle unha orella ó/... Ler máis
Deixa unha resposta