Este olliño pimpilín
Este olliño pimpilín.
Este olliño pimpilán.
Este nariz narizán.
Esta boca pide pan.
Este queixo non llo dá.
¡Arríncate, cabalán!
Este olliño pimpilín.
Este olliño pimpilán.
Este nariz narizán.
Esta boca pide pan.
Este queixo non llo dá.
¡Arríncate, cabalán!
Mentres di o recitado, o adulto acaricia as partes do corpo nomeadas facendo círculos co dedo indicador. No último verso fai coma quen que lle arrinca o queixo colléndollo cos dedos indicador e medio e introduce entre eles o seu propio pulgar.
– ¿Cando cociches? – Onte á noite. – ¿E que fixeches? – Un boliño. – ¿E quen cho levou? – Un ratiño. – ¿E como... Ler máis
Os suspiros dunha mincha, as bágoas dun mexillón, os cantares dun percebe fan chorar a un camarón. M. Barrio Ler máis
Aló arriba, non sei onde, hai non sei que santo que rezándolle non sei que gánase non sei canto. Dise cando alguén vai... Ler máis
Esta testa “testaruda”. Este ollo, irmán deste. Este nariz, naricete. Esta boca pide pan. Este queixo queixarete. ¡Eira polo cabalete! No último verso fai coma... Ler máis
Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Unha persoa garda, ás escondidas, un obxecto pequeno (pedra, caramelo…) nunha... Ler máis
Pasa, Perico, pasa, Monteiro, polas portas dos carabineiros. O de diante corre moito. O de atrás aí quedará. Ler máis
Canta, neniño, canta, que te hei de levar á santa. chora, neniño, chora, que tes un chorar que namora. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Unha vella mufella mufella fifirifella de mi carantella tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo de mi carantillo. Mandouno á caza mufaza... Ler máis
Donosiña, bonitiña, garridiña, vaite para a túa casiña, bonitiña. Deixa a miña que é feíña. M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…” (máis…) Ler máis
Filla do Rei, boa moza, “xorobada”, tiñosa, filla do Rei… O adulto vai sinalando os botóns da chaqueta, da camisa, blusa… Tamén se pode... Ler máis
Deixa unha resposta