Este foi á praza e non trouxo nada
Este foi á praza e non trouxo nada,
este foi á praza e trouxo un peixe,
este lavouno,
estre fritiuno
e este, coma o lambón, comeuno.
Este foi á praza e non trouxo nada,
este foi á praza e trouxo un peixe,
este lavouno,
estre fritiuno
e este, coma o lambón, comeuno.
É para xogar cos dedos, comézase polo maimiño e remátase co matapiollos, vaise sinalando cada un deles e ao final, cando chegamos ó matapiollos e dicimos “comeuno” mordémoslle o dedo á/ó nena/o.
Anxo, de Orro – Noia
Rosiña foi a París nun cabalo gris ó paso, ó trote, ó galope, galope, galope. O/a neno/a cabalga sentado na perna do adulto... Ler máis
– Malandrán me vou, malandrán me veño, e o meu cordeiriño na corte o teño. – Mariquiña, ¿que estás facendo? – Estou peneirando. – Malandrán… –... Ler máis
-¡Tranquilo! -Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo e súa nai esperando por el no camiño. É a contestación para... Ler máis
¡Picaches, picaches, que tunda levaches! Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma. Anadosa, de Vigo Ler máis
Toca palmiñas, que vén o papá. Toca palmiñas, que logo virá. O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite. M. Barrio... Ler máis
Abril, se por mal quere vir, aínda as portas da casa non deixa abrir. Abril, vaite a onde queiras e vente ó cubil. Teresa... Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
Esperta, pé que vén San Tomé cun carro de toxos queimar este pé. Abanéase o pé do neno/a cando se lle dorme para... Ler máis
Pola Ponte de San Xoán vinte e cinco cegos van. Pola ponte de San Xoán vinte e cinco cegos van. Cada cego coa... Ler máis
Xabón xirigato, xabón xarelo, ¡déixate de xoldas, xabón! ¿Escorregaches, Simón? Recítase mentres os/as pícaros/as lavan as mans cun xabón esvaradío. Eva e Manolo, do... Ler máis
Deixa unha resposta