Esperta, pé (varias versións)
Esperta, pé
que vén San Tomé
cun carro de toxos
queimar este pé.
Cruz de “Santo” Tomé,
desdorméceme este pé.
Esperta, pé
que vén San Tomé
cun carro de toxos
queimar este pé.
Abanéase o pé do neno/a cando se lle dorme para lle quitar o formiguiño.
Julio Pico Vila, de Xestoso – Monfero
Cruz de “Santo” Tomé,
desdorméceme este pé.
Faise o sinal da cruz enriba da zona adormecida mentres se recita.
Rosiña foi a París nun cabalo gris ó paso, ó trote, ó galope, galope, galope. O/a neno/a cabalga sentado na perna do adulto... Ler máis
Dinquirindín, dinquirindán. ¿Quen morreu? O sancristán. ¿Quen lle toca? Seu irmán. ¿E con que? Co rabo do can. Unha persoa colle o/a neno/a polos brazos e outra... Ler máis
Molliña, molliña, na túa cariña. Mollón, mollón, no teu carón. Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente... Ler máis
Antón, Antón, Antón Peruleiro, cadaquén, cadaquén, que atenda ao seu xeito, e o que non o atenda, pagará unha prenda. Ler máis
-¡Tranquilo! -Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo e súa nai esperando por el no camiño. É a contestación para... Ler máis
Arre, bestiña, á casa da madriña a tomar a boliña que está cocidiña. Arre, bestón, á casa de Antón a tomar o bolón que está cocedón. Na... Ler máis
Vacalouriña, voa, voa, heiche dar pan e cebola. A cebola está no lar e o panciño no altar. Vacalouriña, ¡pom! Agustín Bernárdez: “A nosa... Ler máis
Tantarantán, tarantán tarantiña, o que non come non ten barriguiña. Tantarantán, tantarantán, tantarantola o que non come non ten barrigola. M. Barrio –... Ler máis
Tris, tras, a estopa urdirás co pé para adiante co cu para atrás. M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…” Ler máis
Deixa unha resposta