Era un vello e plantou unha viña
Era un vello e plantou unha viña,
luns e martes
de madrugada,
tras do outeiro
da pena furada.
Vén a cabra e roeu a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vaise o can e matou a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vén o pau e matou o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vaise o lume e queimou o pau
que matara o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vén a auga que matou o lume
que queimara o pau
que matara o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vaise o boi e bebeu a auga
que matara o lume
que queimara o pau
que matara o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vén a corda e prendeu o boi
que bebera a auga
que matara o lume
que queimara o pau
que matara o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vaise o rato e rilou a corda
que prendera o boi
que bebera a auga
que matara o lume
que queimara o pau
que matara o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Vén o gato e matou o rato
que rilara a corda
que prendera o boi
que bebera a auga
que matara o lume
que queimara o pau
que matara o can
que matara a cabra
que roera a viña
que o vello plantara,
luns e martes (etc.)
Deixa unha resposta