Margaridiña, ten un gatiño,
coas orelliñas de trapiño
e os olliños de cristal.
¡Pobriño o animal,
cando vai comer o sal!
Díselles ás que... Ler máis
“Chaval”, aperta o cu
e dálle ó pedal.
Díselles ós que pasan pola estrada en bicicleta, pedaleando costa arriba, cansos polo... Ler máis
O pisco e mais a carriza
trataron unha bailada:
cando o pisco daba voltas
a carriza punteaba.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ler máis
– Piruchiño, queres pan?
– Quero, se mo dan.
– Vai buscar o coitelo!
– Pois “logho” non quero.
Díselle ós nenos/as cando... Ler máis
– ¿Dúas e dúas…?
– Catro.
– Lámbelle o cu ó gato.
Mini e Mero
Ler máis
Camisa de fóra,
métea dentro
que xa é hora.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Ler máis
Na banda de aló do río,
ten meu pai un castiñeiro
que dá castañas en maio,
uvas brancas en xaneiro.
Rico Verea, Manuel:... Ler máis
– Canto son cinco e cinco?
– Dez.
– Fáltache a albarda, que burro xa es.
Cristalina, de Parderrubias – Ourense
Ler máis
– ¡Ah!
– A primeira palabra
que o burro dá.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Ler máis
– Teño fame!
– Tes fame? Traba no cu e comes carne.
Ler máis
1 Comentario