Durme, ruliño
Durme, ruliño,
se dormes moito
hei de mercarche
un garridiño
no dezaoito.
E, e, e, e, e,
que atranca de pé.
E, e, e, e, e.
Durme, ruliño,
se dormes moito
hei de mercarche
un garridiño
no dezaoito.
E, e, e, e, e,
que atranca de pé.
E, e, e, e, e.
M. Barrio – E: Carré Aldao: “Literatura gallega…”
Redondiña, redondiña, ¿grande ou pequeniña? M. Barrio Ler máis
Este foi ó monte, este colleu leña, este foi ós ovos, este fritiunos e este gordiño comeunos todos. A nosa memoria- Marín (máis…) Ler máis
-¿Foi o teu pai ós lobos? – Foi. – ¿Trouxo moitos? – Trouxo. – ¿Imos a eles? – Imos. Tense a criatura no colo e... Ler máis
Novo Aí vén Pedro Chosco por baixo da porta “dicíndolle” ás nenas que pousen a roca. Tamén vén Antón e dilles que non, que fíen as... Ler máis
E, neniña, e, que che hei dar o té e mais as papiñas nun cacharolé. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Arrurrú, arrurrú, arrurrú cunha tranca no cu. Amelia de Forcarei. (máis…) Ler máis
Durme, meu roliño, durme, durme, durme, meu rolo, e cando espertes dime se hai berce como o colo. M. Barrio – C. Sampedro:... Ler máis
Esta é a noite, este é o día, este é o cu da tía María. O adulto colle a man do/a neno/a, que... Ler máis
Dinquirindín, dinquirindán. ¿Quen morreu? O sancristán. ¿Quen lle toca? Seu irmán. ¿E con que? Co rabo do can. Unha persoa colle o/a neno/a polos brazos e outra... Ler máis
Heille de dar a meu neno cocidiño con repolo, as orellas dunha pulga, as costelas dun piollo. Blanco, Domingo: “A poesía popular…” Ler máis
(2) Comentarios
Qué e un garridiño?
é un pequeno regalo que se lles fai aos nenos.