Durme, meu roliño
Durme, meu roliño, durme,
durme, durme, meu rolo,
e cando espertes dime
se hai berce como o colo.
Durme, meu roliño, durme,
durme, durme, meu rolo,
e cando espertes dime
se hai berce como o colo.
M. Barrio – C. Sampedro: “Cancionero…”
Pola cheminea enriba vai un foguete e ó que se descoida cáelle un “cachete”. M. Barrio – F. Lanza: “Falan os de Ribadeo…” Ler máis
Paxariños que voades polas follas dos loureiros, deixade durmir o neno, que está no sono primeiro. M. Barrio – Torner: “Cancionero…” Ler máis
Este queixo queixo é. Esta boca come pan. Este ollo reberete e este outro seu irmán. ¡Tira, “ghabilán”! A nosa memoria- Marín Ler máis
Arre ru, arre ru, cunha tranquiña no cu. Morrerán os vellos todos quedaremos eu e “tu”. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Serra, compadre, serra, comadre, na serrería do señor abade. M. Barrio Ler máis
A, e, i, o, u, azoutiñas no teu cu. O adulto vaille dando azoutiñas ó/á neno/a mentres recita. M. Barrio – Francisco... Ler máis
Tinguirindín, guirindín, guirindolas, o que non come non ten barrigolas. M. Barrio – Bouza Brey “Xogos iniciáticos…” Ler máis
Ven, sonín, ven polo carqueixedo. Ven, sonín, ven e durme esta nena. Hai un dito relacionado con este arrolo que se lles di ós/ás... Ler máis
Este meniño pequeno quen o ha de aturular, súa nai vai no muíño e seu pai vai traballar. Ea, ea, ea… A nosa memoria-... Ler máis
O meniño “quer” durmir, súa nai estalle cantando. Durme, meu ruliño, durme, que eu te estarei arrolando. M. Barrio – J. Casal: “Cancionero…” ... Ler máis
Deixa unha resposta