¡Dóeme a barriga! (varias versións)
– ¡Dóeme a barriga!
– ¡Ráscaa cunha estriga!
– ¡Dóeme a barrigha!
– ¡Pois fréghaa cunha ortigha!
– ¡Dóeme a barrigha!
– ¡Fréghaa con fariña trigha!
– ¡Dóeme a barriga!
– ¡Frégaa con palla triga!
– ¡Dóeme a barriga!
– ¡Ráscaa cunha estriga!
Para unha queixa infantil bastante cotiá, o adulto responde nun primeiro momento cunha broma. Por suposto que non funciona sempre, pero axuda a quitarlle ferro a unha dor que algunhas veces é máis psicosomática que real.
Amelia de Forcarei
– ¡Dóeme a barrigha!
– ¡Pois fréghaa cunha ortigha!
Ana, de Porto do Son
– ¡Dóeme a barrigha!
– ¡Fréghaa con fariña trigha!
Ana de Vilariño – Poio
– ¡Dóeme a barriga!
– ¡Frégaa con palla triga!
Finochi de Arzúa
O corazón dunha pulga e as orellas dunha lebre heillas de dar ó meu home, que lle sabe moito o prebe. Angélica, de... Ler máis
Teño uns zapatiños novos ferrados con chocolate e as biqueiras son de azucre; ¡mire “usté” que disparate! Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…” Ler máis
Pola porta do tío Xan pasa o can do tío Miguel, cunhas polainiñas novas forradiñas de papel. Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…” Ler máis
Margaridiña, ten un gatiño, coas orelliñas de trapiño e os olliños de cristal. ¡Pobriño o animal, cando vai comer o sal! Díselles ás que... Ler máis
As tortiñas de manteiga “pra” a mamá, que dá a teta. As tortiñas de cebada “pró” papá, que non dá nada. Rico Verea,... Ler máis
– ¿Dóeche a barriga? Dálle cunha estriga. Se a estriga é mol dálle cun fol. Se o fol é duro dálle cun bandullo. M. Barrio... Ler máis
– Teño medo. – ¿Tes medo? Ó cu do Pedro e a pita parda que che caga pola barba. A función deste dito é... Ler máis
Xan, Xaranxán, dacabalo do can; o can era coxo e tirouno no toxo; o toxo era bravo e tirouno no prado; o prado era frío e... Ler máis
Fun ó muíño, o muíño a moer, os ratiños a roer, pillei un polo rabo e leveino ó mercado. E díxome unha muller: – ¿Canto... Ler máis
Deixa unha resposta