Corchete que estás na corcheta
Corchete que estás na corcheta,
¿desencorchetácheste xa?
O desencorchetador
que te desencorchete
bo desencorchetador será.
Corchete que estás na corcheta,
¿desencorchetácheste xa?
O desencorchetador
que te desencorchete
bo desencorchetador será.
Se as miñas guedellas se me enguedellaron, enguedelladas non deben de estar. Desenguedelládemas, desenguedelládemas, se as podedes desenguedellar. Ler máis
Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe; quéixome de quen o vende, que non mo deixa... Ler máis
Nun niño de conchagarfos, dous conchagarfiños hai. Quen os desenconchagarfizare bo desaconchagarfizador será. Montse Ginesta e Xulio Cobas Brenlla: Trabalinguas para xogar”, Ed.... Ler máis
Nai e filla foron á misa; nai pisa palla; palla pisa filla. Ler máis
Cinco figafarzos novos afigafarzaron a figafarza vella; veu o figafarzo vello e afigafarzou os cinco figafarzos novos e mais a figafarza vella. Ler máis
Catro bois e catro vacas soben carro costa arriba; non hai home nesta terra que catro veces o diga… (ata dicir catro veces). Ler máis
Tangarrangandán, morreu o tangueiro. Tangarrangandán, deixalo morrer. Tangarrangandán, un tangueiro novo, Tangarrangandán, ha volver nacer. Ler máis
Teño unha capa tallada, golada, borlada, repicatallada. Quen ma tallou, golou, borlou e repicatallou non ma soubo tallar, golar, borlar e repicatallar. Vou chamar o tallador, golador, borlador e repicatallador que ma veña tallar, golar borlar e repicatallar mellor. Montse Ginesta: “Trabalinguas…” Ed. Edelvives... Ler máis
Novo Sete varas de pano pardo, madre, escasa capa lle fan a un frade. Ispa esa escasa capa parda, frade. María Pepa, de... Ler máis
Vindo revindo, copa copindo, copindo copa. E o que non diga “vindo revindo copa copindo copindo copa”, ¡un raio me parta se gota lle toca! Ler máis
Deixa unha resposta