Pinto, pinto (varias versións)
Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. O participantes póñense en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os compañeiros, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas.
Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
Sabela Gil.
Onilla de cilla
da gargarabilla,
sete becerros
á porta da vila.
Ordillón con ordillón
salta ti.
Fóra capón,
galiña, galiña
para a miña boquiña.
Pé de gato,
vinte e catro,
un, dous, tres, catro.
Pepe de Forcarei
Dedín, dediño,
todo borriquiño,
cando o rei por aquí pasou
todas as aves convidou
menos unha que quedou
e esta tivo gran pesar
porque o rei non a quixo
convidar.
Chirlo mirlo,
vaite deitar
polas portas
do lugar
que xa te iremos
a buscar.
M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…”
Didín
do charramusquín,
alza, rabo de cuco,
cando o rei
por aquí pasou
todas as aves convidou
menos unha que deixou.
Chouca,
mouca, vaite deitar
ás portas de teu primo,
que alí te irán buscar.
“Tu” por “tu”,
que te salvas
es “tu”.
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Dedín, dedín,
dixo Roquín.
Cando o rei
pasou por aquí
todas as aves convidou
menos unha que quedou.
M. Rico “Tantarantán…”
Levita, levitón,
tres pitas e un capón.
O capón estaba morto
e as galiñas no horto.
Tris, tras,
cabaleiro,
fóra estás.
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Lata, lata,
á redonda;
ó que lle toque,
que se esconda…
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”