Xogos de pillar, danzados, de corda, para atinar…
Un, dous
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Xogos de pillar, danzados, de corda, para atinar…
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Saria
Catro patas
ten un gato:
unha, dúas
tres e catro.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Chin, chon,
caravillón.
Dito para acompañar o abaneo da randeeira.
Meninheira, de Pontevedra
Á unha, sae a Lúa,
ás dúas, sae o Sol,
ás tres, ti ben o ves,
ás catro, non sei canto,
ás cinco, de viño branco faise tinto,
ás seis, cantan os reis,
ás sete, tira Pepe
e de sete para riba, tira Pepe tira,
ás oito, de pan de trigo faise biscoito,
ás nove, non casa a muller sen o home,
ás dez, non vai a cabra para o monte sen pés,
ás once, pasa o río por debaixo da ponte,
ás doce, non hai porco que non foce,
ás trece non hai crego que non rece,
ás catorce, ti retorce.
Meninheira, de Pontevedra
Énele pénele.
Síquili sa.
Rápete rápete.
Engó.
María Luísa Calvar, Julio Santos e Pepe Bonet, de Marín: “A nosa memoria- Marín”
Nun caixón
hai catro gatos:
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Gato, gato
Maragato,
dime a verdade
se non te mato;
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Taco, taco,
número catro,
un, dous,
tres, catro
mil novecentos
oitenta e catro.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Para min,
para vós,
“pra” ningún
de vós os dous.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”