Xogos de pillar, danzados, de corda, para atinar…
Uni, doni, treni
Uni, doni, treni, canteni, seman, badani,
chinchín, carroupín, carroupés, fan des,
un burro de catro pés.
Xogos de pillar, danzados, de corda, para atinar…
Uni, doni, treni, canteni, seman, badani,
chinchín, carroupín, carroupés, fan des,
un burro de catro pés.
Luísa, de Vilariño – Agolada
Conta xusta
rematada
-dixo o cura
da Gulada-
son tres porcos,
seis touciños,
doce patas,
tres fociños,
seis orellas
e tres rabos,
que son trinta,
ben contados.
Aroa, de Salvaterra de Miño
Unha, dúas, tres
Paco, Perico e Andrés.
Mariló, de Brión
Unha, dúas, tres,
chi;
unha, dúas, tres,
cu;
unha, dúas, tres,
la;
unha, dúas, tres,
te.
Chiculate,
Chiculate…
Cando se di cada unha das sílabas “chi-cu-la-te” levántase a corda no aire por riba do neno/a que está a saltar. Este/a ten que se agachar para que non lle dea na cabeza e, despois, volve saltar. Ó chegar á palabra completa “chiculate”, dáselle rapidez á corda ata que perda.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Pan,
queixo,
auga,
viño
e
touciño,
touciño,
touciño…
Cando se di “touciño” dáselle rapidez á corda ata que perda o/a neno/a. Cóntase o número de veces que é quen de saltar sen perder.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Nun café rifaron un gato,
un, dous, tres e catro.
Un, dous e tres,
zapatiño inglés.
A ver a quen lle toca
o número catro.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Unha, dola,
tele, catole,
quile, quilete,
anda a raíña
polo seu gabinete.
Cinta de ouro
para o mouro,
cinta de gata
para a gata.
“Tu por tu
pagas tu”.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da pía de tía Inés
que “te” toca a túa dita “ves”.
Este dito pódese usar para botar as sortes ou para xogar cos dedos do bebé.
Rosa Mª Fernández Carrera, de Tomiño
Pin, pin, zarramacutín,
cuca malla Serafin.
Ti de ouro, ti de prata,
tápate coa gravata.
Marta e Tienza, de Salvaterra.
Heime de fartar
ata estoupar.
Come, come,
gran lambón;
ten conta co
rebentón.
Roberto Mellid, de Miño