Vídeos

Sei amasar

Sei amasar,
sei peneirar,
sei dar a volta
por riba do mar.

Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas polas mans abanean os brazos e no último verso dan unha volta sen soltar as mans.

María de Mugueimes (Muíños)

Malandrán me vou

– Malandrán me vou,
malandrán me veño,
e o meu cordeiriño
na corte o teño.
– Mariquiña, ¿que estás facendo?
– Estou peneirando.
– Malandrán…
– Mariquiña, ¿que estás facendo?
– Estou facendo a masa.
– Malandrán…
– Mariquiña, ¿que estás facendo?
– Estou facendo o pan.
– Malandrán…
– Mariquiña, ¿que estás facendo?
– Vou meter o pan.
– Malandrán…
– Mariquiña, ¿que estás facendo?
– Xa vai o pan cocido.
– Malandrán…
– Mariquiña, ¿que estás facendo?
– Reveu o pan.
– Reveu, reveu.

M. Barrio – L. Prieto: “Juegos infantiles…”

Ris, ras (varias versións)

Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás.

O adulto colle o/a neno/a no colo e abanéao para os lados. Ó rematar o recitado, tras repetilo varias veces, fai coma quen que o lanza ó aire. Ou ben estando o/a neno/a sentado/a no colo fronte a fronte cólleo polas mans e arrandéao para diante e para atrás.
Este recitado tamén pode acompañar un xogo entre dous nenos máis maiores que fan unha especie de serra cun cordel fino.

(máis…)