Esta meniña ten sono,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado
e o outro non o pode abrir.
Esta meniña ten sono
Predícame, cura
Predícame, cura,
predícame frade;
por un oído me entra,
por outro me sae.
Xan Perillán
Xan Perillán (ou San Sebastián)
a cabalo dun can;
o can era coxo,
tirouno nun pozo;
o pozo era frío,
tirouno nun río;
o río era branco,
tirouno nun campo;
o campo era roxo,
tirouno nun toxo;
o toxo picaba,
Xan Perillán berraba (ou San Sebastián)
e o can escapaba.
Os suspiros dunha mincha
Os suspiros dunha mincha,
as bágoas dun mexillón,
os cantares dun percebe
fan chorar a un camarón.
Na miña vida tal vin
Na miña vida tal vin:
na feira de mentiráns
unha cadela con pitos,
unha galiña con cans.
Polo mar abaixo
Polo mar abaixo
vai unha formiga
cunha man na testa
outra na barriga.
Polo mar abaixo
vai unha raposa,
leva o cu rachado,
non hai quen llo cosa.
Padrenuestro, que estás en los cielos
“Padrenuestro,
que estás en los cielos”.
Ábreme a porta
que traio xurelos.