Comín ril, ril
Comín ril, ril
da “melra” gorda asada.
Comín ril, ril
da “melra” gorda asada.
Josefa Pérez: “A nosa memoria- Marín”
Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende,
que non mo deixa de balde.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Unha pega rebordá
puxo un ovo na quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou… (ata quedar sen folgos).
Catro bois
e catro vacas
soben carro
costa arriba;
non hai home
nesta terra
que catro veces
o diga… (ata dicir catro veces).
Unha vella mufella mufella fifirifella de mi carantella
tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo de mi carantillo.
Mandouno á caza mufaza mufaza fifirifaza de mi carantaza.
Trouxo un coello mufello mufello fifirifello de mi carantello.
Botouno ó canizo mufizo mufizo fifirifizo de mi carantizo.
Noemi de Roimelo (Allariz)
– ¿Acórdache a corda?
– ¡Acorda a corda!
Amelia de Forcarei.
Se vou a Bueu nun bou vou.
Se non vou a Bueu nun bou non vou.
Cinco figafarzos novos
afigafarzaron a figafarza vella;
veu o figafarzo vello
e afigafarzou os cinco figafarzos novos
e mais a figafarza vella.
Nun niño de conchagarfos,
dous conchagarfiños hai.
Quen os desenconchagarfizare
bo desaconchagarfizador será.
Montse Ginesta e Xulio Cobas Brenlla: Trabalinguas para xogar”, Ed. Edelvives