Maio (varias versións)
Érguete, maio,
que tanto durmiches,
pasou o burro
e “tu” non o viches.
Érguete, maio,
que tanto durmiches,
pasou o burro
e “tu” non o viches.
M. Barrio – V. Risco. “Etnografía…”
Hoxe é luns,
mañá é martes,
corta feira logo vén,
de mañá en oito días
éche a semana que vén.
M. Barrio – R. cabanillas: “Antífona da Cantiga”.
Xa nace o trigo,
xa temos pan.
Xa canta o cuco,
xa temos “vran”.
M. Barrio – X. Ramón e Fernández Oxea: “Cancionero y refranero de Corme”.
¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!
O vello Entroido
que está teso e doído
ó pé do carballo,
sentado nun tallo
¡sen ter que facer!
¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!
M. Barrio – A. Mª de la Iglesia: “El idioma…”
Variante: En vez dos dous últimos versos:
Víndeo ver
que xa está para morrer.
M. Barrio – E. Rodríguez: “Diccionario”.
Entre Santos e Nadal
perde a vella o seu caudal.
Teresa de Lérez
Ano novo, con ben veñas,
como o sol entre as estrelas,
os cabritos coas cabras
e os años coas ovellas.
M. Barrio – A. Fraguas Fraguas na “Gran Enciclopedia Gallega”.