Sobre Orella Pendella

Sobre Orella Pendella, colaboracións e reseñas nos medios

Agradecementos

  • A Maruxa Barrio e Enrique Harguindey, autores dun dos libros básicos para a recuperación do noso folclore infantil tradicional: “Lerias e enredos para os máis pequenos”.
  • A Mini e Mero, cantores, descubridores e repartidores dos tesouros da nosa literatura oral.
  • A Paco Veiga e a todas as persoas entusiastas que traballan na recuperación e difusión dos nosos xogos tradicionais.
  • Ós Titiriteros de Binéfar, artesáns da alegría e da diversión do teatro e da música populares.
  • A Manuela, a Balles e a todas as persoas que fan funcionar a fábrica de soños da Editorial Kalandraka.
  • A Sabela, traballadora infatigable e xenerosa a prol da nosa lingua e da nosa cultura.
  • A Amelia, Helena, Teresa e a todas as persoas que compartiron e compartirán connosco os seus ditos e recitados.
  • A Kiko, porque sen o seu enorme traballo e entusiasmo este proxecto nunca sería realidade.
  • A María, por todo, incluídos os debuxiños.

Ligazóns

(máis…)

Que é orella pendella?

Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. (máis…)

Fontes

Cando empezamos a mergullarnos no mundo da literatura infantil galega de tradición oral decidimos comezar por aqueles manuais, libros, artigos, discos… xa editados e que, nalgúns casos, son froito dun inxente traballo de investigación.
(máis…)