Novos

Este queixo queixolán (varias versións)

Novo

Este queixo, queixolán.
Esta boca pide pan.
Este nariz, naricete.
Este ollo, revirete.
Esta testa, testalán.
Turra polo capitán!

Vanse sinalando as partes da cara mencionadas e, finalmente, cando se di “Turra polo capitán!”, túrraselle un pouco polo pelo de encima da testa.

Anxo, de Orro – Noia

(máis…)

Tantarantán (Varias versións)

Novo

– Chucurruchú, ¿para onde vas, vella?
– Chucurruchú, para a miña terra.
– Chucurruchú, ¿que vas a buscar?
– Chucurruchú, unha tega de sal.
– Chucurruchú, ¿para que queres o sal?
– Chucurruchú, para botarlle ó caldo.
– Chucurruchú, ¿para que queres o caldo?
– Chucurruchú, para “darllo” ás pitas.
– Chucurruchú, ¿para que queres as pitas?
– Chucurruchú, para poñer os ovos.
– Chucurruchú, ¿para que queres os ovos?
– Chucurruchú, para lle dar ó cura.
– Chucurruchú, ¿para que queres o cura?
– Chucurruchú, para dar a misa.
– Chucurruchú, ¿para que queres a misa?
– Chucurrurruchú, para ir ao ceo.
– Chucurruchú, ¿para que queres o ceo?
– Chucurruchú, para estar na gloria.

Lardeira, de Vilariño de Conso

(máis…)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies