Charla de Carlos Yus nas I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro
Carlos Yus responsable de contidos de Orella pendella deu unha charla sobre a páxina co título “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre”.
A intervención tivo lugar o sábado 27 de abril ás 10.30 h no CEIP Santiago Apóstolo de Santiago de Compostela dentro das I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro, organizadas pola Asociación Educativa Galega de Técnicas Superiores en Educación Infantil e pola Escola de Ensino Galego Semente. (máis…)
Charla de Carlos Yus no VI Curso sobre Educación Infantil na Mariña
A intervención tivo lugar o domingo 24 de xuño ás 12,00 h no Salón do Cine-Teatro de Ribadeo dentro do VI Curso temático de verán sobre Educación Infantil na Mariña titulado Literatura infantil, algo máis que conto, organizado do 22 ó 24 de xuño de 2012 pola Universidade da Coruña, o IES Dionisio Gamallo Fierro e o Concello de Ribadeo. (máis…)
A situación actual do galego
Materiais relacionados coa situación do noso idioma. Trípticos elaborado polo EDLG da EOI de Pontevedra.
- É bo que os nenos aprendan ben o galego (PDF 168 Kb.). Dirixido especialmente ós pais e nais e ós educadores/as
A compañia “migallas teatro” edita o libro “un avó especial”
A obra trata sobre a doenza do alzheimer, dirixido aos nenos e nenas e a toda a familia en xeral.
Charla nas XI xornadas de expresión oral
Carlos Yus responsable de contidos de Orella deu unha charla sobre a páxina nas XI xornadas de expresión oral organizadas pola AS-PG, dentro do proxecto “Tíralle da língua”.
A intervención, o pasado 20 de novembro no museo do pobo galego, contou coa asistencia de numeroso público, interesado en coñecer a nosa tradición oral e poder transmitirllela ós nenos e nenas.
Orella pendella en Lingua de amor
Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre
Lingua de Amor é un proxecto do Consello da Xuventude de Galicia que naceu no ano 2007 co fin de normalizar e dinamizar a lingua e a cultura galegas entre os mozos e mozas deste país. Xestionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Consello da Xuventude de Galicia, a páxina Lingua de Amor pretende fomentar e divulgar a nosa lingua e cultura entre a mocidade galega. (máis…)
O noso Nadal, galego e verde
Orella pendella colabora coa guía do Consello da Xuventude de Galicia para vivir un Nadal integramente en galego e respectuoso co medio.
Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades. (máis…)
Entrevista a Carlos Yus na radio galega
Entrevista na radio galega a Carlos Yus, responsable de contidos de Orella pendella. Fálase dos obxectivos da páxina, a indispensable colaboración dos visitantes e os novos proxectos para orella pendella.
Orella pendella en Ben falado!
Ben falado! dedicounos o capítulo 110 o 19 de decembro de 2008.
Ben falado! É un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.