Este neniño que teño no colo (varias versións)
Este neniño que teño no colo
é dun amor que lle chaman Vitorio.
“Dios” que mo deu que mo leve logo,
por non andar co neniño no colo.
Este neniño que teño no colo
é dun amor que lle chaman Vitorio.
“Dios” que mo deu que mo leve logo,
por non andar co neniño no colo.
Este arrolo, que ten múltiples variantes, reflicte a terrible situación de miseria en que se atopaba boa parte do campesiñado galego en tempos pasados. A nai chega a pedir co seu canto que morra o seu propio fillo por non ter con que mantelo.
Jesús Vizcaíno da Terra Chá
Soniño, sono,
vente a este ollo,
pouquiño a pouco,
vénteme a estoutro.
O adulto vai acariñando os ollos do/a neno/a.
A “miniña” é “piquiniña”,
levámola ó “San José”.
”San José” é “piquiniño”,
a “miniña” tamén é.
O, oo, oo…
Avoa Clara de Agudelo (Barro)
Arrurrú, arrurrú,
arrurrú cunha tranca no cu.
Amelia de Forcarei.
Ai ah, ai ah.
Andan os porcos no pan.
¿De quen son?
¿De quen son?
Son do Señor Capitán.
Ai ah, ai ah.
Andan os porcos no pan.
¿De quen son?
¿De quen son?
Son do Señor de Losón.
Sabela Gil
Esta meniña ten sono,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado
e o outro non o pode abrir.