Canto ou son para apazugar ou adurmiñar o neno/a
O meu neno é pequeniño (Varias versións)
O meu meniño é pequeno.
Heino de aprender a todo:
a amasar e a peneirar
e a que quente ben o forno.
Canto ou son para apazugar ou adurmiñar o neno/a
O meu meniño é pequeno.
Heino de aprender a todo:
a amasar e a peneirar
e a que quente ben o forno.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
O meniño “quer” durmir,
súa nai estalle cantando.
Durme, meu ruliño, durme,
que eu te estarei arrolando.
M. Barrio – J. Casal: “Cancionero…”
Non te troco, meu meniño,
non te troco, meu amor,
nin pola prata da lúa,
nin polo ouro do sol.
M. Barrio – R. Cabanillas: “Antífona…”
Moito choras, meu meniño,
coa xeada hai que “quentare”.
“Solo” o can quedou no eido,
todos van a “traballare”.
M. Barrio – C. Sampedro: “Cancionero…”
Meu meniño, non “te durmas”
que che vou quentar o leite
e despois, dende que o tomes,
xa podes “adormecerte”.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Meniño, meu amantiño,
“dúrmete” e non chores máis,
que inda teñen que “faguere”
moito traballo teus pais.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Hora, meniño, hora, miniño,
que están as sopas
no “caceroliño”.
Meniño e hora,
se non queres calar
chora.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”
Este neno ten soniño,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non pode abrir.
M. Barrio – E.M. Torner : “Cancionero…”
Entre bicos e cantigas
hei de durmir o meu neno.
Farei “namentra” o traballo
que por “faguer” aínda teño.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Eh, meniño, eh,
vai papá na vila,
vai mercar café.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”