Para andar

Imos de paseo

Imos de paseo
co gato no seo
e se nos rabuña
cortámoslle as uñas;
e se nos mauea
cortámoslle as meas.

Cóllese o/a meniño/a polas mans, mirando ambos para a fronte, e camíñase con el/ela compasándose o andar con esta lengalenga.
Outra posibilidade é que o adulto e mais o/a neno/a se miren de fronte e se collan por ambas as dúas mans. O/A neno/a monta cada pé enriba de cada pé do adulto e este comeza a andar con el/ela unha restra de pasos.

Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”