Para aloumiñar

¿Orella ou cacho?

Novo

– ¿Orella ou cacho?
– Orella.
– Tirar por “ella”.

– ¿Cacho ou orella?
– Cacho.
– Tira, “muchacho”.

O adulto cóllelle unha orella ó/ á neno/a e faille a primeira pregunta. Se responde “orella”, dálle un tironciño ó tempo que lle di: “Tira por ella”. Se di “cacho”, dille: “Tira, muchacho”. Despois, cambia de orella.

María A Pastoriza

Molliña, molliña

Novo

Molliña, molliña,
na túa cariña.
Mollón, mollón,
no teu carón.

Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente as súas fazulas e as nosas, moi suavemente ata que en “carón” se dá un golpe máis forte.
O golpe final, se o damos na nosa cara, tamén se pode completar baleirando as bochechas inchadas de aire. “Molliña” dise con “o” aberto pois é un diminutivo de “molle”, que é variante de “mol”.

Anxos, do Rosal

Manxurriña, manxurriña (varias versións)

Manxurriña, manxurriña,
come pan e ceboliña
¿Ves o gato no unto?
Escapa que che apunto.

Comézase facéndolle cóxegas na palma da man á/ó nena/o e cando se di “¿Ves o gato no unto?”, sinálase ó teito e no “Escapa que che apunto”, dáselle unha palmadiña na man á/ó nena/o.

Sabela, da Pontenova- Lugo

(máis…)

Este queixo queixolán (varias versións)

Novo

Este queixo, queixolán.
Esta boca pide pan.
Este nariz, naricete.
Este ollo, revirete.
Esta testa, testalán.
Turra polo capitán!

Vanse sinalando as partes da cara mencionadas e, finalmente, cando se di “Turra polo capitán!”, túrraselle un pouco polo pelo de encima da testa.

Anxo, de Orro – Noia

(máis…)