Durme, meu roliño
Durme, meu roliño, durme,
durme, durme, meu rolo,
e cando espertes dime
se hai berce como o colo.
Durme, meu roliño, durme,
durme, durme, meu rolo,
e cando espertes dime
se hai berce como o colo.
M. Barrio – C. Sampedro: “Cancionero…”
Durme, meu solciño, durme,
para que eu poida traballar.
Teño que lavar os panos,
peneirar e amasar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
“Dúrmete”, meu neno
“dúrmete”, meu sol
“dúrmete, pedazo”
do meu corazón.
Este neno lindo
pronto vai durmir
ten un ollo cerrado
o outro non o pode abrir.
Mercedes Fernández Rodríguez, Segán – O Saviñao
Durme, meu neno, durme,
durme, meu pequeniño,
que teu pai ha de traerche
da ribeira un paxariño.
M. Barrio – J. Casal y Lois: “Cancionero…”
Durme, meu meniño, durme,
durme se queres durmir.
O teu pai vaiche na eira,
a túa nai logo ha de vir.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”
Durme logo, Antoniño,
non me fagas “rabear”
que vén teu pai do traballo,
sen facer está o xantar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
“Calai”, non facer barullo
que está o meu neno,
estanlle saíndo os dentes
porque aínda é moi pequeno.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
“Entrai” ben devagariño,
non vaiades topexar,
que está durmindo o meniño,
non mo fagades chorar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Arrú, arrú, meu meniño.
Arrú, arrú, meu rapaz.
Arrú, arrú, meu meniño,
ben arruadiño vas.
M. Barrio – C. Sampedro: “Cancioneiro…”
Durme, miña nena, durme,
¿quen te ha de “acalentare”?
que túa nai vai no muíño
e teu pai vaina “buscare”.
Durme, miña nena, durme,
¿quen che ha de dar a teta?
que túa nai vai no muíño
e teu pai na leña seca.
Susaniña de Abella – Frades