Serra, compadre
Serra, compadre,
serra, comadre,
na serrería
do señor abade.
Ditos tenros cos que os adultos acompañan caricias e xogos dirixidos ós/ás nenos/as máis pequenos/as.
Poden ter un carácter iniciático, isto é, cun comezo amable e un final un tanto brusco e sorprendente para provocar o riso do/a neno/a e desenvolver asemade o seu instinto de desconfianza ante as aparencias.
Serra, compadre,
serra, comadre,
na serrería
do señor abade.
M. Barrio
“Tu” coa serra,
eu co serrón.
Veñan cuartos
ó meu bolsón.
Cóllese o neno/a no colo e séguese o ritmo deixándoo caer un pouco.
Noemi de Allariz
Tris, tras,
a estopa urdirás
co pé para adiante
co cu para atrás.
M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…”
Filla do Rei,
boa moza,
“xorobada”,
tiñosa,
filla do Rei…
O adulto vai sinalando os botóns da chaqueta, da camisa, blusa… Tamén se pode utilizar para aprender a abrochar os botóns.