Burlas, disparates e mentiras
Roque, Roque, Roquetín,
Roque, Roque, Roquetín,
dáme uns “socos” para min
“anque” sexan de ameneiro.
Xa chos “pagharei” cun peido.
Burlas, disparates e mentiras
Roque, Roque, Roquetín,
dáme uns “socos” para min
“anque” sexan de ameneiro.
Xa chos “pagharei” cun peido.
Ángela Barros, de Seixo – Marín
¡Mira alí arriba, naquel piricouto!
-¿Que?
– Hai un vello cagando por outro.
Caraoucou, de Velle-Ourense
– ¿E que é?
– ¡É un can cun quinqué!
Concha, de Muros
– ¿Que dixo?
– ¡Que a vaca tiña lixo
e o becerro non llo quixo!
Nai de Manuel, de Andabao – Boimorto
Heiche mercar un corrovelás coas pernas para diante
e outro con elas para atrás.
Cando un neno ou nena pide que lle merquen ou que lle traian algo, os adultos contéstanlle desta maneira.
Taboada
Teño uns zapatiños novos
ferrados con chocolate
e as biqueiras son de azucre;
¡mire “usté” que disparate!
Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”
Pachín, pachín, pachín,
non sabes o que vin:
un “ghato” na “ventana”
tocando o violín.
Ana Outón, de Vilariño-Poio
Pola porta do tío Xan
pasa o can do tío Miguel,
cunhas polainiñas novas
forradiñas de papel.
Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”
Na banda de aló do río,
ten meu pai un castiñeiro
que dá castañas en maio,
uvas brancas en xaneiro.
Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”
Heiche de contar un conto:
na miña vida tal vin:
unha cabra cunha roca
e un castrón cun violín.
Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”