Burlas, disparates e mentiras
“Padrenuestro”, aí vén o “maestro” (varias versións)
“Padrenuestro”,
aí vén o “maestro”,
santificado,
co pau levantado.
¡Aparta, “rapás”,
que vén “arrabeado”!
Burlas, disparates e mentiras
“Padrenuestro”,
aí vén o “maestro”,
santificado,
co pau levantado.
¡Aparta, “rapás”,
que vén “arrabeado”!
Amelia de Saiar
Triscus, beliscus
anacos de pan.
Párteos Pedro
e dállos a Xan.
Xan non os quixo
e dállos ó can.
O can non os quixo
e dállos ó gato.
O gato non os quixo
e deullos ó rato.
O rato non os quixo
e meteunos no burato.
M. Barrio – J. Casal y Lois: “Cancionero…”