Audio

Ditos, recitados e cancións gravadas por Migallas Teatro

A casa que fixo Xan

Esta é a casa que fixo Xan.

Este é o millo
que estaba na casa que fixo Xan.

Este é o rato
que comeu o millo
que estaba na casa que fixo Xan.

Este é o gato
que cazou o rato
que comeu o millo
que estaba na casa que fixo Xan.

Este é o can
que perseguiu o gato
que cazou o rato
que comeu o millo
que estaba na casa que fixo Xan.

Esta é a vaca
que escornou o can
que perseguiu o gato
que cazou o rato
que comeu o millo
que estaba na casa que fixo Xan.

(máis…)

Animais (aparecen varios)

Xan do Outeiro ten un can
que lle chaman Capitán.
Tamén ten unha cadela
que lle chaman Micaela.
Tamén ten un boi
que lle chaman Turroi.
Tamén ten un gato
que lle chaman Escribano.
Tamén ten un galo
que lle chaman Santiago.
Tamén ten unha galiña
que lle chaman Mariquiña.
Tamén ten unha ovella
que lle chaman Cotorella.

M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…”

(máis…)