Andoriña, voa,voa
que che hei de dar pan e boroa;
andoriña vai voando
cando o rei anda cazando:
apuntou, saíu o tiro,
o paxaro vai ferido.
A andoriña
A pega
Pega, pega, pegarela,
puxo un ovo na portela.
Puxo un e esvarou,
puxo dous e esvarou,
puxo tres e escalfou.
O gabián
Tece, tece, gabián,
unhas cordas para o meu can,
que mañá choverá.
O merlo
Polo tempo dos nabos
ben o pasamos,
polo das cereixas
xa non hai queixas.
O corvo
– Corvo queimado,
¿que levas no rabo?
– Leite mazado.
– ¿Quen cho dou?
– A María do Coucou.
– ¿Con que lle deches?
– Coa chave do rei.
– Deixa, deixa,
que xa llo direi.