A ovella
¡Belee…em! ¡Belee…em!
¡Belee…em! ¡Belee…em!
M. Barrio – Terra de Melide.
Xear, xear,
ata o meu coiro regañar.
M. Barrio – Noriega Varela: “Como falan…”
Ó rapa raposo
do cu piolloso,
non comas o año
de Pedro Castaño,
que vai na ribeira
buscar a manteiga
“prá” mulleriña,
que a ten paridiña
na porta da eira.
Un fillo varón,
que lle chaman Antón,
pelico de cabra
e fol de castrón.
Serafina Riveiro, de Brandomil – Zas
Donosiña,
bonitiña,
garridiña,
vaite para a túa casiña,
bonitiña.
Deixa a miña
que é feíña.
M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…”
Caracol, col, col,
bota os cornos ó sol
que a túa nai e o teu pai
os botaron en Ferrol.
Roberto – Ponte do Porco – Miño
Di a ra: – ¡Casar, casar, casar!
Responde o sapo: – ¡ E o pan, e o pan, e o pan!
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Grilo, grilo,
sae á porta
que che están
roubando na horta.
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Pousa, pousa,
María da Pousa.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Barbantesa, ponte tesa,
se non, rómpoche a cabeza.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía”.