¿Cando cociches?
– ¿Cando cociches?
– Onte á noite.
– ¿E que fixeches?
– Un boliño.
– ¿E quen cho levou?
– Un ratiño.
– ¿E como ía?
– Co rabo dereito.
– ¿Imos a un preito?
– ¿Cando cociches?
– Onte á noite.
– ¿E que fixeches?
– Un boliño.
– ¿E quen cho levou?
– Un ratiño.
– ¿E como ía?
– Co rabo dereito.
– ¿Imos a un preito?
Xógase cun pícaro/a pequeno/a. Mentres se vai preguntando e contestando, cada un mira ós ollos do outro sen moverse, e cando se di “¿Imos a un preito?”, cada un sopra contra a cara do outro. Trátase de non rir, o primeiro que ría, perde.
Fesguello, de Foz
-¿Quen é ese que anda no postigo? – Meu maridiño deitado comigo, arrunrún. – ¿Quen é ese que peta á ventá? –... Ler máis
Pim, pim, regorín contra as vacas de Verín. Paxariño, fai un niño unha legua fóra de onda min. Cántase dando nos dedos. Comézase polo gordo... Ler máis
Este neno ten soniño, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado, outro xa non pode abrir. M. Barrio – E.M. Torner :... Ler máis
As cabras de Xan Barbeiro todas van por un raseiro; unhas brancas e outras negras e outras monas das orellas. M. Rico: “Tantarantán…” Ler máis
Tinguirindín, guirindín, guirindolas, o que non come non ten barrigolas. M. Barrio – Bouza Brey “Xogos iniciáticos…” Ler máis
A, e, i, o, u, azoutiñas no teu cu. O adulto vaille dando azoutiñas ó/á neno/a mentres recita. M. Barrio – Francisco... Ler máis
Dedín, dedín, samarroquín, rabo de rula, mazarula, cando o rei por aquí pasou, todas as damas conquistou, menos unha que queedouuuuu. A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
Este foi á fonte, este foi ó monte, este quixo auga, este non lla deu… e veu o gordacho ¡e toooda, toda bebeu! Empézase polo... Ler máis
Redondiña, redondiña, ¿grande ou pequeniña? M. Barrio Ler máis
“Iste” pide pan. ”Iste” di que non o hai. “Iste” di que o roubemos. “Iste” di que é pecado. “Iste” di que o... Ler máis
Deixa unha resposta