Cando a gaivota está no mar
Cando a gaivota está no mar,
colle o arado e vai arar.
Cando a gaivota está na terra,
colle a brosa e fende leña.
Cando a gaivota está no mar,
colle o arado e vai arar.
Cando a gaivota está na terra,
colle a brosa e fende leña.
Cando as gaivotas voan sobre o mar, anuncian bo tempo e pódense facer labores fóra da casa, mais cando voan sobre a terra, é aconsellable realizar traballos a cuberto, como rachar leña nun alpendre, poñamos por caso, porque vai chover.
Alba, de Ribadeo
Marcha, nebraceira, do “chao” da ribeira, vai comer as lavaduras que deixaches na maseira. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” (máis…) Ler máis
Chove, chove na casa do pobre. Neva, neva na cas de Varela. Xea, xea na cas de Garea Trona, trona na cas de Ramona. Pinga, pinga na casa... Ler máis
Arco da vella, vaite de aí que andan os porcos a fozar en ti. A nosa memoria- Marín (máis…) Ler máis
Rubias á Franqueira, vellas “pra” a lareira. Rubias ó mar, vellas a traballar. Cando no solpor as nubes rubias están cara ó monte... Ler máis
Marzo, marzal, pola mañá cara de risa, pola noite cara de can. Matilde de Santiago (máis…) Ler máis
Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non come o larpeiro. Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non vén o barqueiro. Rico Verea, Manuel:... Ler máis
Deixa unha resposta