Author - Orella pendella

Unha, dúas, tres

Unha, dúas, tres,
Sancho, Perico e Andrés.

Este recitado serve para aprender a bailar agarrado: danse tres pasos para adiante mentres se din os números e dáse unha volta mentres se din os tres nomes.

Ana Outón, de Vilariño – Poio

O arao

Arau, arau,
cabeza de pau,
chufla, carolo,
con tripas e todo.

Dise cando os araos (aves mariñas) están na superficie do mar, flotando na auga. Unha vez rematada a canción, mergúllanse no mar para pescar algún peixe. “Chuflar” significa mergullarse, e “carolo” é un tipo de arao. Cando volven saír á superficie, repítese o dito para que volvan mergullarse.

Santiago González Calvo, “Guito”, de Guixar – Vigo