Lagarto, lagarto
Lagarto, lagarto,
dime a verdade
que se non te parto.
Lagarto, lagarto,
dime a verdade
que se non te parto.
Serra, serra, miña “cansela”,
ti polo mar e eu pola terra.
Dous rapaces/as están sentados/as no chan, un fronte ó outro coas pernas estiradas e tocándose cos pés. Agárranse das mans e mentres un se deixa caer para atrás o outro tira por el e viceversa. Márcase o ritmo dunha serra.
Ana de Vilariño (Poio)
– ¿De onde vés?
– Do muíño.
– ¿Que traes?
– Fariña.
– Bota para alá
que esta non é miña.
– Bota para acá
que esta é miña.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
– ¡Ai, comadre, roubáronme as galiñas…!
– ¡Ai! Eu non fun. Estas galiñas son miñas…
– ¡De iso nada! Esas son as miñas.
– Bótalles millo a ver se van detrás de ti.
(A raposa bota millo e chámaas, sen que as galiñas lle obedezan):
– ¡Pitas, pitas, pitas…!
(A labrega, entón, chama polas galiñas):
– ¡Pitas, pitas, pitas…!
(As galiñas acoden e a raposa foxe).
Amiguiños de Miguel
e de mel e de meludo,
que se volva fulano de “culo”.
As abelliñas do mel
e do mel e do melacho,
que se volva fulano de “culacho”.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Cuco de maio,
cuco de abril,
cóntame os anos
que hei vivir.
M. Barrio- I. Rielo: “Cancioneiro…”
Filla do Rei,
boa moza,
“xorobada”,
tiñosa,
filla do Rei…
O adulto vai sinalando os botóns da chaqueta, da camisa, blusa… Tamén se pode utilizar para aprender a abrochar os botóns.
Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.
ACEPTAR